Xa temos a volta da esquina a “XII edición da Corre X Salceda 2025” que será o vindeiro domingo día 4 de maio.
Deixamos neste enlace toda a información da proba, percorridos, horarios, regulamento etc. As inscricións serán a través da páxina de championchipnorte, deixamos tamén enlace directo para poder realizalas sen maior problema.
Recordade que ata o 21 de abril para as probas de 10k e 5k o prezo estará bonificado a 6€, do 22 de abril o 30 de abril (ambos incluídos) o prezo será de 8€.
A inscrición para as categorías escolares/menores (2010 e posteriores) é gratuíta, tendo que aportar 1 kilo de alimentos non perecedeiros. PREFERENTEMENTE LATAS DE CONSERVA E ACEITE para o programa Municipal de alimentos.
Outro ano máis da man de A.C.I.S.A. (Asociación de comerciantes e industrias de Salceda), vamos a realizar o tradicional sorteo de 6 VALES DE 50€ cada un entre os participantes da San Silvestre que rematen a carreira e estean presentas na entrega de trofeos.
Estes vales se poderán trocar nos comercios adheridos a A.C.I.S.A. para calquera tipo de compra, unha iniciativa que coma sempre axudará cos gastos destas datas tan sinaladas.
¡RECORDADE QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 25/12/2024 AS 23:59H.!
Xa non queda nada para a XII edición da San Silvestre Solidaria que organiza o Concello de Salceda de Caselas en colaboración coas EDM Salceda, este ano terá lugar o vindeiro venres día 27 de decembro as 21:30 h na Praza do Concello.
Recordade que deberedes realizar a inscrición OFICIAL para poder participar baixo a cobertura da póliza de ACCIDENTES DEPORTIVOS contratada para esta proba, as persoas que desexen participar sen estar inscritas en tempo e forma o poderán facer baixo a súa RESPONSABILIDADE, non estando amparados en ningún momento pola cobertura da mesma.