Todolos artigos de: edmsalceda

“XII” CORRE X SALCEDA 2025

Recordade que hoxe as 23:59h remata o prazo de inscrición BONIFICADO de 6€, aproveita e non te quedes sen o teu desconto.

Desde mañá martes día 22/04 ata o mércores 30/04 as 23:59h o prezo será de 8€ para as carreiras de 10k e 5k.,

O resto de categorías ESCOLARES/MENORES será de balde, so hai que colaborar co programa Municipal de alimentos aportando 1 kg de alimento non perecedoiro.

Como nas últimas edicións é en colaboración con A.C.I.S.A. (Asociación de Comercianrtes e Industriais de Salceda), tanto a carreira de 10k e a alternativa de 5k terán ademais do trofeo aos gañadores e gañadorasVALES DE COMPRA tanto na categoría absoluta como na categoría de corredor/a local.
IMPORTE DOS VALES SEGÚN A CATEGORÍA E POSTO
CATEGORÍA 10K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 100€ – 1ª CLASIFICADA 100€
2º CLASIFICADO 50€ – 2ª CLASIFIDADA 50€
3º CLASIFICADO 30€ – 3ª CLASIFICADA 30€
CATEGORÍA 10K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 50€ – 1ª CLASIFICADA 50€
2º CLASIFICADO 25€ – 2ª CLASIFIDADA 25€
3º CLASIFICADO 20€ – 3ª CLASIFICADA 20€
CATEGORÍA 5K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 60€ – 1ª CLASIFICADA 60€
2º CLASIFICADO 30€ – 2ª CLASIFIDADA 30€
3º CLASIFICADO 25€ – 3ª CLASIFICADA 25€
CATEGORÍA 5K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 40€ – 1ª CLASIFICADA 40€
2º CLASIFICADO 20€ – 2ª CLASIFIDADA 20€
3º CLASIFICADO 15€ – 3ª CLASIFICADA 15€

Xa temos a volta da esquina a “XII edición da Corre X Salceda 2025” que será o vindeiro domingo día 4 de maio.

Deixamos neste enlace toda a información da proba, percorridos, horarios, regulamento etc. As inscricións serán a través da páxina de championchipnorte, deixamos tamén enlace directo para poder realizalas sen maior problema.

Recordade que ata o 21 de abril para as probas de 10k e 5k o prezo estará bonificado a 6€, do 22 de abril o 30 de abril (ambos incluídos) o prezo será de 8€.

A inscrición para as categorías escolares/menores (2010 e posteriores) é gratuíta, tendo que aportar 1 kilo de alimentos non perecedeiros. PREFERENTEMENTE LATAS DE CONSERVA E ACEITE para o programa Municipal de alimentos.

INSCRICIÓNS ENLACE DIRECTO
REGULAMENTO XII CORREXSALCEDA 2025

ENLACE A CIRCUÍTOS:  ESCOLARES/MENORES 100-150-500-1.000-2.500 METROS

XII SAN SILVESTRE SOLIDARIA 2024

Temos boas novas!!
Outro ano máis da man de A.C.I.S.A. (Asociación de comerciantes e industrias de Salceda), vamos a realizar o tradicional sorteo  de 6 VALES DE 50€ cada un entre os participantes da San Silvestre que rematen a carreira e estean presentas na entrega de trofeos.
Estes vales se poderán trocar nos comercios adheridos a A.C.I.S.A. para calquera tipo de compra, unha iniciativa que coma sempre axudará cos gastos destas datas tan sinaladas.
¡RECORDADE QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 25/12/2024 AS 23:59H.!
Xa non queda nada para a XII edición da San Silvestre Solidaria que organiza o Concello de Salceda de Caselas en colaboración coas EDM Salceda, este ano terá lugar o vindeiro venres día 27 de decembro as 21:30 h  na Praza do Concello.
Recordade que deberedes realizar a inscrición OFICIAL para poder participar baixo a cobertura da póliza de ACCIDENTES DEPORTIVOS contratada para esta proba, as persoas que desexen participar sen estar inscritas en tempo e forma o poderán facer baixo a súa RESPONSABILIDADE, non estando amparados en ningún momento pola cobertura da mesma.

INSCRIBETE AQUÍ

REGULAMENTO XII SAN SILVESTRE  2024