SUSPENDENSE TEMPORALMENTE AS RESERVAS DA PISTA DE PADEL DEBIDO A ROTURA DUN DOS CRISTAIS.
LAMENTAMOS A DEMORA NO RESTABLECEMENTO DO SERVIZO. AS EMPRESAS PROVEDORAS TEÑEN A ACTIVIDADE BAIXO MÍNIMOS POLO PERÍODO VACACIONAL, O QUE DIFICULTA SOLVENTAR A INCIDENCIA.
RESTABLECERASE O SERVIZO DE RESERVAS EN CANTO SEXA POSIBLE
🤿Cursos de natación!
📍Piscina municipal de Salceda
📅Xullo e Agosto
📣O prazo de inscrición iniciarase mañá 8 de xuño e os formularios terán que ser entregados, xunto cos xustificantes de pagamento das taxas na Casa da Cultura Castelao.
👉Os prazos para a reserva de quendas son os seguintes:
1⃣Quenda de xullo: ata o 28 de xuño.
2⃣Quenda de agosto: ata o 27 de xullo.
💸Os prezos mensuais serán de 25€ para as persoas nadas entre o 2009 e o 2019 e de 30€ para as persoas nadas antes do 2009.
📝A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na páxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller na Casa da Cultura Castelao.
Desde mañá sábado día 12 de maio volven a estar abertas as reservas para as pistas de tenis.
Pregámoslle as persoas que fagan un bo uso das mesmas, recordámoslle que a pista lateral (a que está o lado do paseo) DEBERÁ QUEDAR COA REDE SEMPRE MONTADA.
Debido as obras de mantemento e colocación das novas vaias perimetrais, desde hoxe venres día 28 de abril e ata NOVO AVISO as pistas polideportivas Altamira (tenis e pádel) non se poderán reservar nin UTILIZAR sen permiso ou autorización do Concello de Salceda de Caselas.
Notificaremos a súa reapertura uns días antes para que poidades volver a facer as vosas reservas, a previsión e que volvan a estar dispoñibles o vindeiro venres día 5 de maio.
Con esta mellora daremos resposta as demandas das persoas usuarias destas instalacións.