Xa está en marcha o XII Torneo de Tenis de Salceda de Caselas que, como cada ano organizan as Escolas deportivas do Clube de tenis.
O Torneo tivo comezo o luns 21 de Xullo e terá o seu remate no día 1 de agosto onde se entregará o trofeo nas categorías de Senior masculino onde conta cun total de 50 inscritos, feminino con 14 mulleres, dobres con 14 participantes e sub-14.
Os partidos estanse a realizar nas pistas polideportivas do Altamira, no Pavillón e pistas do IES Pedras Rubias no horario de tarde a partir das 17:30 ata as 21h, sendo a persoa encargada de realizar o torneo Nacho que é o entrenador de tenis do clube en Salceda.
Para máis información: http://edmsalceda.esy.es/clasificacion.php