II TORNEO FUTSAL “VILLA DE SALCEDA” ESTE ANO CON FINS SOLIDARIOS

Autofibal e o Concello de Salceda de Caselas co traballo das Escolas Deportivas están a organizar o II futsal “Villa de Salceda” que se vai a disputar nas pistas Polideportivas e no Pavillón Municipal do Concello de Salceda de Caselas.

O prazo de inscrición rematou o día 9 de xullo onde se inscribiron 23 equipos masculinos e 8 femeninos que contan con participantes do Concello e de outros Concellos da provincia, neste II Torneo con fins solidarios, xa que a inscrición que aporta cada equipo de 20 euros, vai destinada íntegramente á investigación do Sídrome de Rett.

O comezo do Torneo ten lugar o luns 13, nun horario de partidos dende as 20:00 ata ás 00:00, nas pistas destinadas ao torneo, disputándose varios partidos ao mesmo tempo, sendo a final o venres 17 de Xullo coa entrega de premios, que serán distribuídos nas categorías femenina e masculina, sendo os equipos ganadores os que disfruten do primeiro premio masculino e unha cena doada pola tapería Remensal e a equipa femenina doada polo Antoxo. Así como o 2º e 3º premio, disputándose ademáis un xamón para o equipo máis divertido, o máximo goleador e o trofeo á deportividade, nas categorías tanto masculina como feminina.

Quero agradecer a todas as personas que participan neste II Torneo, que fan posible un ano máis contar coa súa presencia e incluso incrementar o número de equipos participantes, así como agradecer ás empresas colaboradoras, a súa participación, asegura Manuel Ramilo organizador que traballa en Talleres Autofibal.

O deporte é unha das nosas entidades para desenvolvernos como persoas e para mellorar as nosas relación en sociedade, ademáis de mellorar a nosa calidade de vida. É moi importante continuar a trazar o noso futuro deportivo, e canto máis, que se realice cunha finalidade solidaria, para axudar á investigación do Sídrome de Rett. O traballo en colaboración é fundamental para seguir a facer cousas polo noso pobo e o noso deporte, asegura Carla Pérez, concelleira de deportes.