O sábado e domingo 1 e 2 de agosto o Pavillón Polideportivo de Salceda acolleu o Campionato de Dardos Galego que acolle a toda a zona sur de Pontevedra, nas categorías femininas e masculinas e por grupos.
Os premios entregados contemplaban unha beca do 100% para o primeiro clasificado por equipos para participar no campeonato estatal que terá lugar en León os días 17, 18 e 19 de setembro, Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino xunto cunha beca de inscrición do 50, 30 e 20% de individual e en parellas masculino.
A xornada foi un éxito onde todos os e as participantes disfrutaron de dous días do Campionato de Dardos, onde o equipo vencedor foi o da Cafetería Andén de Beade, que representará ao campionato de España, por parellas o grupo Pi y estreito foron os vencedores , en individual masculino o gañador foi Jonny e Belén en feminino.
Os organizadores do evento Michael Carrera Ubiña e Raúl Carrera Rodríguez, realizaron un gran traballo para a marcha do campionato que foi todo un éxito onde estiveron acompañados por centos de persoas que participaron no campionato. “Queremos agradecer a todos os participantes a súa presencianeste campionato, así como ao Concello de Salceda de Caselas e colaboradores que fixeron posible este evento”.
Ver fotos en : http://conhecesalceda.blogspot.com.es/